En "Hora de ler", pola mañá cedo, na clase de 6º acabamos "El vencejo que quiso tocar el suelo".
Está ilustrado por Fernando Martín Godoy, ao igual que "Los Caballos de mi tío", "Palabras de Caramelo", "Maíto Panduro", "El oso que leía niños" ou "Los gigantes de la luna"… Se queredes, podedes entrar no seu blog.
Este libro fala das inquedanzas de Gordo, o pequeno poliño que, despois de abandonar o niño, descubre que non vai poder pousarse nunca no chan; nin sequera voltar ao niño ata que pasados perto de dous anos poida construír o seu propio. ¡Que disgusto se leva!
Como xa podedes imaxinar polo título, puido máis a tentación... e probou... ¡Ai!
A historia fala tamén da relación de Gordo cos seus irmáns e os seus pais. Para todos é importante ser aceptados no mundo no que vivimos, ser respectado e respectar. O noso protagonista ten algúns problemas cos outros vencellos cos que vive. A súa historia tamén é unha historia de superación.

"Gordo, planea un poco!
Era su padre. Se había colocado junto a él, y le indicaba cómo tenía que hacer para planear. Le imitó. Y al hacerlo, Gordo sintió un gran descanso, una enorme placidez. El aire era más blando y suave que el nido, más que las plumas de sus hermanos, más que nada de lo que conocía.
Gordo se sentía ligero y feliz, lejos del suelo y cerca de las nubes.
Esta é a ilustración que Miriam, de 6º, está a preparar coa técnica de collage para un mural sobre os libros de Gonzalo Moure.
Grazas á súa lectura, entre outras cousas, descubrimos curiosidades sobre o vencello común. ¡¡¡¿Vós sabiades que esta ave pasa a súa vida no aire e que só se pousa cando aniña?!!! Viven no aire, comen no aire,... ¡durmen no aire!! Se queredes saber algo máis sobre el, a continuación tedes algo de información:¿Parecerase Gordo a este pequerrecho?
Ningún comentario:
Publicar un comentario