martes, 20 de marzo de 2012

FREDERICK. Contacontos no recreo

Esta mañá Feli contounos "Frederick".
Frederick de Leo Lionni, conta a historia dun pequeno rato de campo ao que só lle gustaba mirar as estrelas e atrapara os raios do sol, as cores e as palabras no aire. Cando vai chegar o inverno os ratiños que vivían con el comezan a recoller provisións, pero Frederick non. El soñaba coas cores da primavera... Recollía os raios do sol para os fríos días do inverno.
Cando chegou o momento agocháronse entre as pedras do muro. Foron pasando os días e pouco a pouco as provisións foron diminuíndo ata que non quedou nada. Daquela os ratos empezaron a enfadarse e a poñerse nerviosos.
¿E as túas provisións, Frederick? Preguntáronlle.
O ratiño comezou a contarlles historias cheas de luz, de color e das palabras bonitas que fora recollendo. Os demais comezaron a soñar e a sentir de novo a vida que Frederick lles transmitía.

Igual que Frederick, hoxe Feli fíxonos felices transmitíndonos unhas raiolas de sol, unhas pinguiñas de color e as máis fermosas palabras.


¡FELIZ PRIMAVERA E FELICES LECTURAS!

¿Queredes ver as fotos desta sesión? Hainas de antes de que empezase a sesión, porque a profe Feli fíxonos sufrir un pouco, ¿a que si? Tamén podedes ver a Dani e a Michelle que formaron equipo coa profe. E por último podedes ver máis fotos dos debuxos de Frederick que se repartiron para que cada quen poida facer a súa marioneta.

Aquí vos deixo este vídeo en inglés por se queredes recordar o conto...

4 comentarios:

Chispa dijo...

Noraboa a Dani e a Michelle pola súa colaboración no conto de Frederick. Noraboa ao público porque se portou moi ben. E un biquiño agradecido para Feli por ser quen de contaxiarnos a ilusión; un dos sentimentos máis bonitos que podemos atopar nos contos e na vida.

Anónimo dijo...

Grazas tamén a ti,Chispa,que,coa túa variña máxica, fas posible que poidamos disfrutar de tantas actividades na Biblioteca.
Moitos bicos dos nenos,nenas e profe de 5º de Primaria.

Ana dijo...

Que bonito conto!!!! Nótase que lles gusta que están moi atentiños. Os meus parabéns para tan boa contacontos. Unha morea de bicos primaverales.

Manoel Angelo Feitosa dijo...

Que legal, descubri agora este blog..
Meus parabéns!!
Abraços