Valentín Paz Andrade naceu en Lérez (Pontevedra), o 23 de abril de 1898; e faleceu en Pontevedra o 19 de maio de 1987.
Co seu pai, Francisco; e as súas irmás, Matilde e Carmen |
Participou na Guerra de Marrocos, dende onde enviou algunhas crónicas para o xornal "El Noroeste". Máis tarde sería redactor-xefe do "Diario de Vigo". Publicou diversos artigos políticos como persoa comprometida con Galicia. Por algúns deles foi multado e encarcerado.
Durante a Guerra Civil sufríu o desterro, e nesta época coñeceu á que sería a súa muller, Pilar Rodríguez de Prada.
Dirixiu a revista "Industrias pesqueras" , sendo ademais un dos fundadores da empresa "Pescanova".
En xuño de 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega.
Cando chegou de novo a Democracia, volveu ao mundo da política e recibiu o Pedrón de Ouro. Seguiu escribindo ata 1985. Morreu dous anos despois, en Vigo, e foi enterrado na súa vila natal, envolto na bandeira galega, tal e como pedira.
Se queredes saber un pouco máis, animádevos a entrar nesta actividade. De paso enviámoslle a Ana, a nosa ex-compi, un bico,
e dámoslle as grazas polo seu continuo labor compartido e desinteresado.
Este é o froito do traballo deste ano:
e dámoslle as grazas polo seu continuo labor compartido e desinteresado.
Este é o froito do traballo deste ano:
E a continuación deixámosvos estes 6 vídeos. Escollede o voso.
1 comentario:
Vánseme subir as cores. Eu tamén vos boto un montón de menos. Unha aperta.
Publicar un comentario