luns, 22 de outubro de 2012

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Benvidos e benvidas a esta vosa Biblioteca, que tras uns meses de novas reformas abre as súas portas unha vez máis. 
Ao longo deste mes e medio fomos recuperando a actividade pouco a pouco cos empréstitos ás aulas e ás familias; as exposicións...  Agora toca abrir as portas físicas para poder entrar no seu corazón, gozar dos libros, da música, das películas, da información dos ordenadores, dos xogos educativos, das lecturas compartidas, dos contacontos dos recreos, da poesía, da aventura de ler, da aventura de medrar e, en definitiva, do entorno da nosa querida Biblioteca.
Xa levamos toda unha historia ás nosas costas. ¿A que si? Desde aqueles primeiros pasos previos a gozar do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (estamos no séptimo curso de PLAMBE) ata hoxe hai un longo camiño de esforzo, de alegrías e de cambios. Esta que acometemos foi a 3ª reforma, que se di pronto...
Darlle o nome de Xoán Farias (cúmprense nestas datas dous anos: 25 de outubro de 2010), significou un momento de inflexión no noso discorrer, e non esquecemos o noso compromiso e a responsabilidade que isto conleva. Esperamos estar á altura traballando  por aportar, compensar, construír, animar, sumar e ilusionar compartindo lecturas e axudando a que cada un dos nosos nenos e nenas medren nesta sociedade que lles toca vivir. BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN.
Comezamos a actividade celebrando o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, que coincide co próximo mércores. Pero, mentres tanto, hoxe...

2 comentarios:

Ana Martínez dixo...

Chispa, xa te botaba de menos. Encántame ver que a biblio xa está de novo en marcha. Un biquiño.

Lucía RC dixo...

Alégrame que estés de volta! Xa nos tardaban as vosas novas.
Bicos. Lucía