A expresión violencia de xénero (wikipedia) é un tipo de violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ou xénero que impacta de xeito negativo na súa identidade e benestar social, físico e psicolóxico.
Dado que esta data coincide hoxe, domingo, traballaremos ao longo desta semana que vén os valores da igualdade que aparecen reflexados nestes vídeos que temos a continuación. Ademais, para o martes 27, o 2º e o 3º ciclo leremos e comentaremos "Xela volveuse vampira", un conto de Fina Casalderrey con as fermosas ilustracións de Noemí López. A primeira lectura que fixemos del na biblioteca foi no ano 2008.
Tamén veremos, grazas á Biblioteca Víctor Sáenz, "O libro dos porcos" na hora do recreo...
1 comentario:
Moi bos recursos para traballar unha data tan importante. Graciñas por compartilos. Usarei algúns na clase. Unha aperta.
Publicar un comentario