xoves, 29 de novembro de 2012

NUN RECUNCHO DO MONTE... II

"Nun recuncho do monte..."
Obra orixinal de Josefa Deibe Pico
 
PRÓLOGO:
"É un día seco e queimón. O monte está agochado pola néboa pero o sol, tímidamente, vai abrindo o telón.
No primeiro acto vese un manto inclinado de cor verde e no medio da ladeira a escena é triunfante; unha fermosa edificación que forma parte do noso patrimonio artístico, cultural e relixioso: A Ermida de Chamorro..."
Este foi o comezo que escoitamos a Joan e Olaya; o prólogo. Esta historia que nos contaron fala do respecto ao medio natural e cultural que nos rodea. Como elas mesmas ben din, é un proxecto de sensibilización.
"Nos tempos que vivimos, onde a tecnoloxía, os "medios de masas" e o consumo marcan o status e o estilo de vida afectando de xeito significativo á poboación infantil, coidamos que é necesario reencontrarnos coas raíces que nos unen á terra, ao mar, ao aire ventoso deste lugar onde vivimos e conectar cos espazos naturais que nos rodean."
Unha dedaleira (estraloque) e un cardo, xunto cunha araña, unha libélula e unha bolboreta, agochados nun recuncho do monte de Chamorro, a carón da ermida, foron encargados de guiar esta pequena obra na que se puxo de manifesto a cooperación, a amizade e a nosa responsabilidade co medio ambiente.
Un saúdo para Ti e Máis eu Teatro e ata sempre!

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Que ben o pasáchedes! Que atentiños estaban todos. Un biquiño.