jueves, 20 de diciembre de 2012

CHEGOU A MALETA DE CHISPA

Biblio Xoán Farias o 20 de decembro de 2012
Esta noite Chispa pasou pola nosa Biblioteca. Iso é o que supoñemos porque, a verdade é que todos estes libros non se colocan sós. E tal e como vedes, así, na foto, parecen bastantes, non si? Pois se chegades a estar alí, alucinariades!! Dígovolo eu.
Carteliño proxectado...
Coma sempre que vén Chispa, escoitamos a música, a súa música; pero non sabemos como fai, o caso é que, salvo un ou dous nenos que aseguraron vela, os demais, nada de nada. Non  lle vimos nin un pelo. ¡Xa está ben, Chispa! ¡Temos ganas de verte!
Primeiro escoitamos a carta que nos deixou, e logo fomos achegándonos a esta impresionante exposición, e puidemos coller os que máis chamaron a nosa atención. Á volta das vacacións terémolos nas aulas para velos, tocalos, lelos, ulilos, abrazalos...
Esta é a carta de Chispa e así foi como pasamos este tempiño hoxe pola mañá:

Carta de Chispa

1 comentario:

Ana dijo...

Chispa como sempre, traendo unhas boísimas recomendacións lectoras. Un biquiño para esa meiga tan traballadoriña.