domingo, 9 de decembro de 2012

GALLAECIA PETREA

O pasado mércores, 5 de decembro, visitamos, por fin, a exposición GALLAECIA PETREA.  É unha exposición magnífica cunha ampla representación da pedra en Galicia, e tamén Portugal, ao longo do tempo; desde a Prehistoria ata a actualidade. A guía explicounos un montón de pezas, deunos moita información e, ademais, ao remate, agasalláronos co catálogo da Exposición. Estará ben velo de cando en vez para refrescar tantas cousas como aprendimos ese día.
Polo momento temos algunhas fotos que nos poderán axudar a recordar...
¡Esperamos que vos gusten!
Por suposto, a foto da despedida... SÚPERINDICADA PARA NÓS!! Por se non vos fixárades ben na presentación anterior, púxenvola de novo ; )

Ningún comentario: