martes, 11 de decembro de 2012

RecitandoCelsoemiliO

Mañá 12 do 12 do 12 ás 12, cando o reloxo de conta atrás da páxina da Coordinadora Galega de ENDL  chegue a 0, a nosa Biblioteca encherase cos versos de Celso Emilio. O pasado 2 de decembro xa vos dabamos novas deste acontecemento neste blog. Aquel día  falabamos da nosa visita ao teatro Jofre onde aisistimos á presentación do libro-disco "O meu primeiro Celso Emilio"


Engadimos uns versos máis de "Cantiga para durmir a un neno":
 (Antoloxía. Edición de Antonio García Teixeiro. Ed. Xerais)


Celanova ten un vento,
Celanova un vento ten,
un vento peleriñante,
un vento que vai e vén.

Un vento que máis que vento
é un timoso roncón
fungando polos tellados
con grave e tristeiro son.

Iste vento vagamundo,
vai coa lúa, vén co sol,
vai cos mozos, vén cos vellos,
vai coa neve, vén coa frol.

Vai coas nuber viaxeiras
por camiños de romaxe.
Vén co pandeiro da chuvia
repenicando a paisaxe.


 Arelamos a chegada dese momento... 
NON IMPORTA, AGARDAREI 
POLO ALBOR DO NOVO DÍA.
Podedes ver máis información en Praza pública: Arredor duns 30.000 rapaces duns 200 centros educativos de toda Galicia participarán este mércores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a través dun recitado colectivo que servirá tamén como acto reivindicativo "en defensa da lingua".

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Nós tamén participaremos no evento. Un biquiño.