Primeiro presidente de Sudáfrica elexido democráticamente |
Estes días estivemos estudando a figura de Nelson Mandela, Rolihlahla
Dalibhunga Mandela, como se lle coñecía antes de que na escola
británica lle deran por cambiar o seu nome por un máis "axeitado", Nelson.
Os libros e o cine axudáronnos a achegarnos a el; coñecer a súa vida e cales foron as súas reivindicacións ao longo de toda a súa traxectoria humana e política.
"La Gran Enciclopedia de la Paz", da Editorial Oniro foi o primeiro que lemos; as primeiras pinceladas.
Despois centrámonos en Me llamo... Nelson Mandela da Ed. Parramón."Soy el símbolo de las libertades y de los derechos de los negros" |
"Me llamo... Nelson Mandela y nací en 1918 en Sudáfrica, el país más meridional del continente
africano. He visto y he hecho muchas cosas durante mi larga vida, pero
todo el mundo me conoce por haber pasado más de veintisiete años en
prisión por defender la igualdad entre negros y blancos en mi país. A
esta reivindicación se le dio un nombre, la lucha contra el apartheid."
Se coñecedes esta colección, saberedes que seguen sempre unha mesma estrutura. A maior parte do libro adícase a facer un repaso polos momentos máis importantes da súa vida, narrados en primeira persoa. Despois, cara ao final atopamos un cadro onde podemos ver a través dunha liña do tempo os acontecementos máis destacados na historia, na ciencia e na cultura asociados á vida do protagonista. Na última páxina, unha pequena recensión pecha a coidada edición.
Recomendamos este libro para coñecer de forma sinxela a este símbolo da loita contra o "apartheid".
Deixamos aquí algunhas das citas máis célebres deste Premio Nobel da Paz. Este ano cumpriranse 20 anos daquel momento.
Para reflexionar...
Unha boa cabeza e un bo corazón son sempre unha formidable combinación.
A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo.
Nada é branco ou negro.
Soño cunha África en paz consigo mesma.
A maior gloria non é nunca caer; senón erguerse sempre.
Todo parece imposible ata que se fai.
Detesto o racismo, porque o vexo como algo barbárico, xa veña dun home negro ou dun home branco.
Debemos usar o tempo sabiamente e darnos conta de que sempre é o momento oportuno para facer as cousas ben.
Por último, INVICTUS, película protagonizada por Morgan Freeman e Matt Damon, dirixida por Clint Eastwood, que o alumnado de 6º de Primaria está vendo na clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario