Á última hora da mañá reunímonos na Biblioteca para homenaxear a Rosalía de Castro. Onte cumpríanse anos do seu nacemento; un 24 de febreiro de 1837.
Esta semana pasada estivemos adicando "Hora de Ler" aos poemas de Rosalía. Aproveitamos estes días para coñecer a súa vida e un pouco da súa obra. Escollemos o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Escribímolo entre todos e todas e ilustramos cada estrofa; quince en total.
Na Biblioteca vimos un audiovisual coas ilustracións deste poema de Rodrigo Chao Blanco e a música de Amancio Prada, recitamos e compuxemos o mural na entrada do cole para que todos o vexan. Estamos preparando outro audiovisual coas nosas voces e as nosas ilustracións.
Ao final levámonos a pegatina de Rosalía para casa.
Deixámosvos as fotos da celebración.
1 comentario:
Da gusto ver como o celebráchedes. Moi bo traballo. Unha aperta.
Publicar un comentario