Hoxe fixemos unha saída a Ferrol e, entre outras cousas, os maiores falamos da arquitectura de Rodolfo Ucha, a medida que iamos paseando, e na medida en que a chuvia nos deixou. Fixemos algunha parada diante do Casino, tanto na rúa Dolores coma na rúa Real, tamén nos fixamos no actual Hotel Suízo, e outras casas ao longo do noso percorrido polo barrio da Madalena. Se queredes ver un pouco da nosa visita...
Tamén estivemos facendo un repaso dos nomes das rúas. Aquí está a solución para aqueles que necesiten repasar dun xeito moi rápido e doado o rueiro do Barrio da Madalena.
1 comentario:
Seguro que a pesar da choiva, disfrutáchedes un montón da saída e aprendíchedes moito. Unha aperta.
Publicar un comentario