domingo, 28 de abril de 2013

A TROPA DE TRAPO e MERCADILLO SOLIDARIO no IES de CATABOIS



Este pasado venres, logo de requisar no colexio todos os paraugas necesarios para a expedición, acompañados pola Policía Local, e baixo unha case incansable chuvia tipo (segundo a RAG)barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, chuvisca , froallo , lapiñeira, mexadeira, mocalleira, orballo , parrumada, patiñeira, poalla , poalleira, zarzallo, chegamos o IES de Catabois. É a segunda vez neste mes de abril que aproveitamos a oportunidade que nos brindan para compartir actividades co seu alumnado.
O primeiro que fixemos foi visitar o MERCADILLO SOLIDARIO. Alí mercamos libros para nós e tamén para a Biblioteca. Sempre gusta remexer entre libros vellos para atopar algún especial que nos levar. ¿A que si?
Por certo, encantounos a organización. Gustounos ver a algún dos nosos ex alumnos/as implicados. Saudar a todos e todas. Sempre é un pracer recordar e compartir outras experiencias pasado o tempo.
Logo tivemos unha invitación na cafetaría. Mmmmm, un batido de chocolate que nos soubo a gloria!  
Estes somos nós no IES

E estas son as imaxes da actuación de A Tropa de Trapo. Estiveron fabulosos.¡Noraboa por encher de música e maxia o momento!
E xa que estamos, a modo de ampliación: Moito debe de chover en Galicia para...

2 comentarios:

Ana Martínez dixo...

Menuda sorte! Seguro que a pesares da choiva o pasáchedes fenomenal, non si? Unha agarimosa aperta.

Anónimo dixo...

Sempre é un pracer para nós compartir actividades con vós e cos que serán os nosos alumnos. Moitas grazas pola preciosa entrada e as palabras que nos dedicades.
IES Catabois.Biblioteca.