martes, 23 de abril de 2013

PAXARO DE MAR E VENTO para celebrar o Día do Libro con TUCHO CALVO

Celebramos o Día do Libro con Tucho Calvo
Pola mañá, ben cedo, tivemos unha grata visita, Tucho Calvo presentouse cun pedaciño de mar, cun pedaciño de praia, e cunha astrófuga mariña. E o seu libro "Paxaro de mar e vento" , ilustrado por Xosé Cobas, de Biblos Clube de Lectores. A biblioteca encheuse de olor a mar, tanto que ata podiamos escoitar o vento zoando e as ondas mecendo as cunchiñas da area...
Parámonos a pensar e a observar; se cadra alguén descubriu por primeira vez a beleza dunha cuncha!
"...a observación e a imaxinación como motores do mundo"
Dúas semanas antes gozamos dos orixinais de Xosé Cobas, nunha exposición que montamos na Biblioteca, e que todos visitamos.
Todos os cursos lemos o libro; algúns a carón destas fermosas ilustracións, e estamos a traballar coa imaxinación, como fixo Mar coa súa nai na praia do Vilar, para crear no noso maxín animais fantásticos, porlles nome e "darlles vida" no papel. Cando estean acabados os primeiros, amosarémosvolos.

 Así foi o encontro. Moitas grazas, Tucho pola túa xenerosidade, polo teu tempo e polas túas palabras.


¡Ah! Por fin cada quen foi escollendo a súa cunchiña, e todos teñen tamén o autógrafo prometido. Isto vai en especial para Tucho, que cando marchou non tiñamos moi claro como acabaría o "reparto". ; )

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Gustoume moito o autógrafo,o libro e o marcapáxinas.

Grazas polos teus regalos.

MOITOS BICOS.

LUCÍA

Anónimo dixo...

Gustoume moito a visitade Tucho Calvo ao noso colexio.É moi simpático e o seu libro gustoume.Un saúdo Marta.

Anónimo dixo...

Gustome moita a visa de Tucho Calvo.

Anónimo dixo...

Gustoume moito o pequeno trozo mar que nos trouxo Tucho Calvo ástraiae nosa biblioteca. Seguro que a todos nos gustou.Moitos bicos Elisa

Anónimo dixo...

Onte 23 do 4 do 2013 veu ao colexio Tucho calvo, gustounos moito.A ver se nos vemos ,esperamos que volvas á nosa biblioteca
MOITOS BICOS DA TÚA AMIGA
MIXEL

Anónimo dixo...

Gustoume moito a visita de Tucho Calvo

Daniel

Anónimo dixo...

E para TUcho CALVO e gústame moito ir
a Allariz.
Bicos, Fabio

Ana Martínez dixo...

Iso si que é celebrar o Día do Libro por todo o alto. Menuda sorte! Unha aperta compis.