mércores, 24 de abril de 2013

RICIÑOS DE OURO por Sabela e Alba. Contacontos


Alba e Sabela sorprendéronnos cunha estudada posta en escena. Coidaron a luz, os movementos, a voz; todo ata o último detalle. A verdade é que todas e todos os que estabamos alí podemos asegurar que o fixeron de marabilla. Quedan contratadas para cando desexen repetir a experiencia. 
Contaron "Riciños de ouro", ou mellor dito: "Os tres osos", de OQO, e esmeráronse por manter a atención do público, que dito sexa de paso, non pestanexou en todo o rato. Ao final ¡ata firmaron autógrafos!
¡Felicidades, mozas!
Seguro que ¡Estas rapazas chegarán moi alto!


E navegando, navegando, atopamos:

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Coñecéndoas, seguro que o fixeron fenomenal, non si? Unha aperta.