Alumnado e profes do IES de Catabois e CEIP de Pazos, de Ferrol |
Venres 12 de abril de 2013; unha data para recordar.
Unha marabillosa idea que xurdiu de María, do IES de Allariz. Logo dos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, en Santiago, o pasado marzo, pensou na posibilidade de xuntármonos en Allariz, dándolle unha sorpresa a Gonzalo Moure. ¡¡E así foi como nos liou!! E nós... que nos deixamos liar con facilidade...

Un encontro con el e a visita a esta fermosa vila; unha visita moi, pero que moi completa como poderedes observar na presentación das imaxes que tedes a continuación. ¿Que máis se pode pedir?. .
No blog Biblioteca IES de Allariz
Gonzalo na Biblio Xoán Farias
7 comentarios:
Que boísima experiencia! Nótase que disfrutaron un montón. Un bico.
Foi toda unha experiencia. Gonzalo sabe emocionar e transmitir. Faltounos tempo e tivemos algún ca outro tropezo, no estrito sentido da palabra, que variou un pouco os planes do principio. Pero vímolo, e con só iso xa chega para que a viaxe teña sido proveitosa.
Grazas, Ana por estar aí todos os días, a todas horas e en todas as entradas.
Bicos
Gustoume moito a visita a Allariz.Espero volver algún día.Tamén gustoume o encontro con Gonzalo Moure e con Luisa, unha colaboradora do Bubisher.Unha aperta Marta.
Viva Allariz.Da vosa amiga Xana.
Encantoume volver a ver a Gonzalo Moure,
tamén gustoume coñecer a outra persoa que axuda no Sáhara co BUBISHER.
MOITOS BICOS PARA GONZALO E PARA LUISA
LUCÍA
O venres 12 fixemos unha visita a allariz gustounos moito, e moito mais ver a Gonzalo Moure e tamen nos gustaron os cabalos pero alguns estaban enfermo, cegos etc...
Encantoume o encontro con Gonzalo Moure, a hípica, e o museo de xoguetes. Espero que volvamos algunha vez. Moitos bicos da túa amiga Xana.
Publicar un comentario