Aitana (4º de primaria) e Shakira (1º de primaria), coa axuda de Ezequiel (6º de infantil), contaron este luns "Os catro amigos" (Os músicos de Bremen), un conto clásico dos Irmáns Grimm. A versión escollida foi a de Kalandraka.
Requeriu moita organización porque pertencen a tres cursos ben diferentes pero o esforzo valeu a pena. Esperamos que outros e outras sigan o seu exemplo. Ao mes de maio aínda lle quedan moitos días. ¿Non credes?
E navegando pola rede, atopamos o conto:
¡Ah! Esquecía dicir que tamén repartiron un recordo para colorear. Un dos músicos de Bremen, este gato.
E ¿que vos parece cun toque de color?
¡NORABOA, AITANA, SHAKIRA E EZEQUIEL! FIXÉSTELO MOI BEN.
MOITAS FELICIDADES.
1 comentario:
Daría gusto velos contar o conto entre os tres, je,je Seguro que o fixeron fenomenal. Un bico.
Publicar un comentario