O alumnado de 5º e 6º preparou unhas ilustracións sobre os breves textos de "Novas Minimaladas", de Pinto & Chinto.
Este libro editado dentro da Colección Merlín, da Editorial Xerais,
abriunos as portas a imaxinar como serían eses animais tan pouco comúns
que contan os seus autores. Despois de acabados os proxectos, cadaquén
comprobou o seu traballo coas ilustracións do libro. A maioría xa están
expostas na entrada da Biblioteca.
1 comentario:
Que bonitos! Menudos artistas! Unha aperta.
Publicar un comentario