jueves, 21 de noviembre de 2013

25 de novembro: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO I

 ¡NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!
MALTRATAR: Tratar mal unha persoa, un animal ou unha cousa. Neste caso, falemos das persoas que temos ao noso arredor.
Cando pelexamos e nos pegamos, facémonos dano. Pero ás veces tamén facemos dano cando facemos burla doutra persoa, cando utilizamos o insulto, cando non deixamos que outro neno ou nena xogue no noso equipo, e cando permitimos que unha compañeira ou un compañeiro sufra en soidade.
¿Nalgún momento sufriches nalgunha destas situacións? ¿Nalgún momento provocaches algo parecido?
Hoxe celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
¿QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Hoxe presentámosvos unha selección de vídeos que nos poden servir para debater nas aulas. Un adianto para o luns.


Caricatura dos roles de xénero
El maltrato sutil
"O libro dos porcos"
Corresponsabilidade doméstica e familiar
"Rosa Caramelo"

2 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Unha gran selección de videos. Co teu permiso, Chispa, levareime algún para o meu blogue. Unha aperta.

Anabel dijo...

Me parece unha recompilación excelente sobre o tema. Se mo permitides levarei algunha cousiña para os meus nenose nenas de 4º ao blogue: http:/orecunchodasfadas.blogspot.com
Graciñas