domingo, 17 de novembro de 2013

CONTACONTOS: "UNA NUBE"

Marta, Laura (detrás), Gaia, Iria e Lía
Xa me tardaba escribir esta entrada, pero xa sabiades que faltaba, ¿a que si? O pasado domingo aparecía o anuncio neste blog.
Pois ben, o venres, un pouquiño despois de comezar o recreo tiñamos na biblio un numeroso público desexando escoitar a Lía, Iria, Gaia, Laura e Marta, as valerosas contacontos de primeiro, que ademais o fixeron de marabilla. ¿Xa sabedes cal foi o conto que nos leron? Leron "Una nube", de Daniel Nesquens, coas ilustracións de Elisa Arguilé. Pertence á colección "MI PRIMERA SOPA DE LIBROS" da Ed. Anaya. Escolleron este libro tan sinxeliño para que os nenos pequenos o puidesen entender moooi ben e para que non nos pillase o "timbre" do recreo, que sempre nos fai dar un chimpo.
Por certo, prepararon os debuxos do libro, que querían repartir. É unha pena que as copias teñan que ser en branco e negro porque, vede que bonitos son os orixinais. Dos debuxos de Gaia non temos copia porque xa os trouxo ela feitos todos, todos no último momento... Pero podedes velos nas fotos: un montón de nubes e flores de cores. Todos eles, fermosos. Sodes unhas campionas.
¡MOITAS FELICIDADES! 
Estades invitadas a facer outro cando queirades. 
¡Un bico de Chispa!


Aquí podedes ver as fotos do venres:

Por certo, buscando e buscando información para podervos ensinar, atopamos NESQUENSMANIA. se vos apetece saber de que se trata, entrade, entrade.
E tamén atopamos información extra: Entrevista a Elisa Arguilé na Revista Babar
"Y tú ¿cómo te llamas?", en vídeo, de Daniel Nesquens e ilustrado por Elisa Arguilé.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

NOS GUSTO CONTAROS EL CUENTO. IRIA Y LAURA

Anónimo dixo...

SOMOS SUPER CURIOSAS Y QUEREMOS DESCUBRIR EL MUNDO. LIA Y GAIA.

Anónimo dixo...

sois mui atrevidas, pero gustoume moito.
Un bico Elia.