martes, 12 de novembro de 2013

E ASÍ FOI O DÍA DO PEÓN NO COLE

O domingo anunciabamos o Día do Peón no cole, e así foi. Por grupos subimos ao salón de actos, ao noso salón multifuncións, e xogamos coas buxainas pequenas nas mesas que nos preparou Xaime, e tamén cos peóns e as piolas.
Uns días máis, o Tastarabás de Antón Cortizas presidirá a Exposición dos libros de xogos tradicionais e outros que temos na entrada da Biblio. Se alguén aínda non a visitou, que se dea préééééééééésa!!

Ningún comentario: