![]() |
Ilustración do libro de Kiko da Silva |
Como sabedes, este é xa un conto case-clásico dentro da literatura recente. Ten tanto éxito que a profe Rosana non se puido resistir e onte, contouno na hora do recreo.: "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS". Un conto de Chema Heras, ilustrado por Kiko da Silva, da Editorial Kalandraka.
Martiño ten serios problemas esa noite máxica, pero sabe que non se debe erguer da cama se quere que os Reis Magos visiten a súa casa...
Coma sempre, as preguntas do concurso preparadas para ser contestadas:
¡Espero que teñades moita sorte, participantes!
1 comentario:
É un conto chulísimo. Seguro que pasaron un ratiño ben entretido. Unha aperta.
Publicar un comentario