¡A BIBLIO XOÁN FARIAS DESÉXAVOS FELICES FESTAS! |
Aquí estamos todos. O venres a primeira hora da mañá escoitamos a Chispa chegar co seu Chis-chis, plof-plof. Cando escoitamos esa música e a súa vooooz..., estamos seguros de que polo cole anda. Algún día verémola, e cando así sexa ímoslle facer taaantas preguntas que se vai arrepentir de non esperarnos nunca. Pero así é, ¿que lle imos facer? Ela quérenos, PERO ESCÁPASENOS SEEEMPREEEEEE!!!!!
¡CHIIIISPAAAAA!
Sonia, de 5º, leu a carta que nos enviou. Nela recórdanos que temos en marcha dous concursos nos que participar; as postais de Nadal da ANPA e as cartas ao Apalpador. E como non, deséxanos unhas moi felices festas. En fin, desta vez tróuxonos un montón de libros, pero un
montón moi grande, eh? Fixádevos nas fotos e veredes. Ata detrás da
maleta, que case non se ve, hai libros; debaixo das mesas, libros;
enriba, libros; enriba de dous sofás verdes novos, libros; enriba dos
cubos de madeira, libros; no chan, libros; dentro da maleta, máis.
¡Aiiiii! ¡Cantos, cantos! Ademais, agasallounos cun recordo moi bonito
para desexarnos ¡FELICES LECTURAS NO NADAL! ¿Védelas por aí, no medio
dos libros, colocadas en tacos de plastilina? Estaban repartidas en varios grupiños e son taaaan bonitas...
Despois quedamos algúns vendo os libros que máis nos interesaban. Hai libros moi, moi interesantes. Levamos varios para a clase e despois devolvímolos na hora do recreo. Mañá repartirémolos polas aulas por niveis, para que todos e todas os poidamos ver con calma.
¿Queredes ler con tempo a CARTA DE CHISPA?
Pois aí queda tamén.
1 comentario:
Seguro que foi unha gran sorpresa para todos eles. Moi boa selección de lecturas, Chispa. Desde AulaTic tamén queremos desexarvos Moi Felices Festas. Unha gran aperta.
Publicar un comentario