venres, 10 de xaneiro de 2014

MÚSICA, LIBROS E MAXIA NO NADAL

Este é un resumo en imaxes dos días previos ás vacacións. Primeiro preparando carteis para a biblioteca, e música para o festival. Logo, as nosas actuacións o día 20 de decembro; a continuación, a actuación do Mago Rafa e a entrega dos libros con que a ANPA agasallou aos gañadores do concurso das Tarxetas de Nadal. Por último, os doces compartidos coas familias e a visita á Biblioteca de Papá Noel.




No comedor tivemos unha sorpresa. Prepararon un Apalpador moi ecolóxico que levou premio por estar feito con materiais reciclados. O esqueleto é de botellas de plástico, e así de guapo quedou.

¡Noraboa para Aurora, Carmen, Mónica e todos os nenos e nenas que participaron! ¡Sodes uns artistas!

Ningún comentario: