mércores, 12 de febreiro de 2014

Contacontos "YO MATARÉ MONSTRUOS POR TI"


"YO MATARÉ MONSTRUOS POR TI" foi o título escollido pola profe Rosa para contarnos hoxe na hora do recreo.
Martina ten medo polas noites, e non pode durmir. Pensa que existe un mundo baixo o chan no que habitan monstruos. Pero resulta que ao outro lado Anitram tamén ten medo de que arriba haxa humanos que a poidan coller para o seu mundo!!! Claro que coñecéndose os problemas fanse máis pequenos. 
É un conto escrito por Santi Balmes, novelista e líder de "Love of Lesbian";   e ilustrado por Lyona. Está publicado por Principal de los libros.
Sonia e Lucas colaboraron coa profe e encargáronse da proxección das imaxes mentres ela contaba. Como veredes foi todo un exitazo. Mentres escoitabamos o conto, démonos conta de que os medos son relativos, e moitas veces tememos o que non coñecemos. Algo así pasoulles ás dúas protagonistas: Martina e Anitram. ¿Vedes algunha similitude nestas dúas palabras? !Si, claro! ¡Son palabras palíndromas! Lense igual de dereita a esquerda que de esquerda a dereita.
Con este xogo de palabras acabou a sesión: cada quen levouse para a casa un monstro de cartolina co seu nome escrito "en clave". Haaa, haaa! moi boa idea, profe. ¡GRAZAS por descubrirnos este conto!
Estas son as fotos:
As preguntas do concurso xa están na entrada do cole. Se queredes participar non tedes máis que cubrir un papeliño coas respostas a ..., xa sabedes, "TRES SINXELAS PREGUNTAS":
¡ÁNIMO E A CONCURSAR! 
Os que aínda non recollestes os marcapáxinas na Biblio, pasade; están agardando por vós.

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Parece que o conto tivo moita aceptación :) Unha aperta.