lunes, 24 de febrero de 2014

¡DÍA DE ROSALÍA!

Na "HORA DE LER" ou en distintos momentos do día, adicamos un tempo nas clases ao recordo de Rosalía, falando da súa vida e lendo os seus poemas, tal e como anunciabamos o pasado venres.
 5º e 6º xuntámonos na entrada do cole para recitar poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas. Estas son as imaxes e os poemas.
Se aínda alguén non ten un nos seus petos, pode collelos ao longo da semana na Biblio. 

No hay comentarios: