martes, 29 de abril de 2014

CAZA DO TESOURO: LER CIENCIA NA BIBLIO XOÁN FARIAS

Ao longo de toda a mañá houbo no cole o que normalmente coñecemos como unha "actividade frenética". Unha CAZA DO TESOURO en toda regra, con todo o centro en danza. 
Hai moito material para organizar, e moitas imaxes para ordenar. Mañá será outro día, pero non quería pasar hoxe sen dar a noraboa a todos os participantes polo bo comportamento e por ter superado todas as experiencias. Noraboa tamén a César pola súa axuda no desenvolvemento dalgunhas probas.
¡FELICIDADES!

Ningún comentario: