venres, 24 de outubro de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa sabedes que hoxe é o Día das Bibliotecas, pois ben, nós decidimos celebrar  o Día das Bibliotecas Escolares por organización. É o día no que máis profes hai no colexio, e cando podemos facer actividades en grupo con máis apoio. Os recursos sempre son moi valorados, e máis se son recursos humanos, non si?

Falando de "valorados", os VALORES, con maiúsculas e con moito motivo, foron o tema da celebración este curso. Queremos construír un colexio mellor, e entre todos e todas habemos de logralo. Como vos contaba o martes e o mércores, todos os pequenos do cole, por grupos escoitaron a primeira hora da mañá un conto relacionado coa convivencia. Despois do recreo iniciamos a rolda de visitas polas aulas da convivencia para escoitar unhas reflexións e charlar sobre a perseverancia, a honestidade, a responsabilidade, a humildade... Valores todos eles tan necesarios e ás veces tan esquecidos na realidade dos adultos. Traballar, recordar ou amosar e facer comprender cada un deles é unha obriga para nós como educadores.

E con estes bos propósitos esperamos aportar un gran de area máis a este curso que empeza. ¡Agora, que se fagan realidade!
A vindeira semana... CONTOS DE MEDO. Ídevos preparando que o cole vai tremer de ESPaNTOooOoOoOoooooo...!
Comezamos o luns no recreo con contos para todos os que queirades ir. Esperámosvos na Biblio!!!

Ningún comentario: