A verdade é que a reunión oficial do Equipo de Colaboradores da Biblioteca aínda non tivera lugar. Había que firmar o contrato e poñerse de acordo nos horarios, xa que ao ser tantos, podemos descansar algúns días e comprometérmonos outros. En fin, ... que xa era hora, e así foi.
E a continuación, ¡por fin!, Lucas recolleu o seu merecido premio. Mira que tardaches en darte por aludido, eh?
A biografía de Garri Kasparov, da colección de "Me llamo...", de Parramón.
¡NORABOA, LUCAS!
1 comentario:
Menudo equipo de biblioteca! Os meus parabéns para Lucas. Unha aperta.
Publicar un comentario