xoves, 18 de decembro de 2014

O APALPADOR VISITA O COLE

O pasado dezaseis tivemos unha especial visita, ¿coñecédelo? Pois claro, O Apalpador chegou cos seus trasgos e os músicos a animarnos a pasar un Nadal máis respectuoso co medio ambiente, a recomendarnos que tratemos de buscar xoguetes que poidan funcionar coa nosa imaxinación, que saibamos que se pode gozar do tempo de lecer con cousas moi sinxeliñas e que non sempre pedir moooitos xoguetes nos pode dar a felicidade. Creo que son un consellos moi bos e non estaría mal probar este ano. Algúns, se cadra xa o facedes así...
Grazas Apalpador por traernos a música, o bo humor e eses agasalliños tan especiais. As castañas máxicas funcionan, ¡que o saibades!
¡Esperámoste o ano que vén!

Ningún comentario: