mércores, 3 de decembro de 2014

OS TRES PORQUIÑOS. Contacontos no recreo

Sabela, Joanna, Andrea e Alba: contadoras de hoxe
Noraboa a Sabela, Joanna e Alba de 5º, e a Andrea, de 4º pola súa magnífica actuación de hoxe. Traballaron moito e prepararon moi ben a sesión de contacontos de hoxe. Eu creo que o lobo sentiuse tan ben tratado que non sei se non regresará para facer das súas noutra ocasión. O conto, como xa adiviñaredes os que non estivestes foi "Os tres porquiños" (nunca un conto foi contado tantas veces na nosa Biblio). Utilizaron uns monicreques, axudaron a preparar os agasallos de recordo, deseñaron e recortaron; practicaron o conto na clase, anunciáronse polas aulas...
¡Moitas felicidades, mozas! e que se repita.

Ningún comentario: