lunes, 16 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015! VIVA O ENTROIDOOO!!

Exposición dos libros da MALETA DE CHISPA, coas novidades e últimos catalogados.
Kelly foi o gañador ao mellor disfraz elaborado.
O pasado venres, 13 de febreiro, celebramos, coma todos os anos, a nosa festa de Entroido. Tivemos exposicións de libros recén catalogados, máscaras dos peliqueiros doutros cursos que serviron de decorado... Fixemos festa, tomamos rosquillas con chocolate, e bailamos e desfilamos.
Como facía tan mal tempo, non puidemos queimar o Meco. Á volta, por fin lemos os testamentos que fixemos os maiores e despedímos o Entroido como debiamos. 
A continuación poderedes ver as imaxes da exposición, e dos dous días , máis os testamentos de 5º e 6º:

No hay comentarios: