sábado, 7 de marzo de 2015

CHARLA DE SOGAMA NO COLE

NON ROMPAS O ESFORZO DE TODOS, RECICLA! 
Este venres, dous días despois do Día Internacional da Eficiencia Enerxética, tivemos unha nova charla na nosa sala de audiovisuais. Fixemos un percorrido por todos os colectores que existen na maioría do territorio galego. SOGAMA. Recordamos e, ao mesmo tempo, aprendemos moito. Un dato moi importante que nos axudará a reciclar ben é distinguir entre o que é un envase e o que non. Así saberemos que tirar no colector amarelo. Tamén vimos que diferenzas hai entre o vidro e o cristal, para non equivocarnos á hora de utilizar o Mr. Iglú. Recordamos a regla dos 3R: Reducir, Reutilizar e separar para Reciclar. Agora, a poñelo en práctica!

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Seguro que lles quedou todo moi clariño. No noso cole tamén estiveron hai uns meses. Unha aperta.