domingo, 1 de marzo de 2015

CONTACONTOS: O artista que pintou un cabalo azul

Armouna boa a profe Rosa o pasado 25... Pero non estaba soa; contou coa inestimable axuda de Jesús, quen a acompañou co caixón. Contounos "O artista que pintou un cabalo azul", da Ed. Kalandraka.As ilustracións son de Eric Carle. Seguro que moitos de vós xa estades cansos de saber quen é, pero senón é así, picade no seu nome e veredes o seu marabilloso e extenso traballo.
Logo de rematar a sesión, repartiunos imaxes dos animais que Eric Carle ilustrou neste libro, despois de coñecer a obra e a vida de Franz Marc; e cada un de nós deulles cor coma nos apeteceu para expoñelos todos na entrada do cole.

Ningún comentario: