xoves, 30 de abril de 2015

ABRIL, MES DOS LIBROS II

Grazas á colaboración das familias, este mes de abril contamos cunha bonita Exposición de PERSONAXES DE CONTOS CLÁSICOS.  (Algunha das pezas que podedes ver pertence a unha exposición anterior sobre escenas de contos que fixeramos hai dous cursos.) Desta vez animamos a participar tan só cunha figura. As dimensións e materiais eran decisión dos participantes; o tema, os contos clásicos,  e aquí tedes o resultado. 
Dende a biblioteca queremos agradecervos as vosas achegas. Felicidades a todos e todas por un traballo tan ben feito!
(Máis adiante publicaremos as fotos de cada alumno e alumna xunto co seu traballo; niso estamos...)

Ningún comentario: