venres, 10 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO II

O día oito de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano. Nós contribuímos no colexio traballando nunha exposición coa historia deste pobo, imaxes, mapas para marcar a súa viaxe dende O Punjab, na India; instrumentos musicais  que adoitamos verlles tocar, e algo de cestería...
Esta é a exposición en imaxes.
O propia día 8, á volta das vacacións de Semana Santa, fixemos a celebración na Biblioteca coa colaboración de Jesús e Juan que, xunto coa profe Manuela, contaron con monicreques Caperucita Roja. Entre Aitana, Sonia e a profe Rosana leron "Latcho Drom", (en caló: boa viaxe, boa sorte)un conto popular xitano, ilustrado por Abraham Carreiro e editado por A Nosa Terra. A continuación, Shakira, Andrea, Joanna e Aitana fixeron un baile ao tempo que podiamos ver unha selección de imaxes de cadros con moita historia adicados básicamente á muller xitana. E por último, os irmáns Jesús e Yerai demostraron unha vez máis a súa arte cantando e bailando diante dun impresionado público.
Por último, se queredes, podedes ver a selección de pinturas que fixemos tirando imaxes de Internet, ás que puxemos o nome do cadro e o autor:
" A MULLER XITANA A TRAVÉS DA PINTURA"
 

Ningún comentario: