Como temos novas atrasadas, témosvos que ir contando... Cinco contacontos marcaron unha gran actividade nos últimos recreos antes das vacacións de Semana Santa. Achís, de Mij Kelly, da Ed. Elfos; Por cuatro esquinitas de nada, de Jérôme Ruillier, da Ed. Juventud; O coelliño branco, a adaptación de Xosé Ballesteros, (Kalandraka); A xoaniña rosmona, de Eric Carle, de Kalandraka; e Unha historia fantástica, de Bruno Heitz, da Ed. Kalandraka, foron os escollidos polas nosas contadoras de historias na Biblioteca. Coma sempre, deixamos as imaxes das sesións. Hai que felicitar aos protagonistas porque para eles; ou elas, neste caso, é un gran esforzo, e ademais serven de modelo para os máis pequenos; así que parabéns e moitas grazas pola vosa continua colaboración.
"ACHÍS", contado por Joanna, Sabela, Alba de 5º; e Andrea, de 4º. (17/03/2015)
Por certo, os gañadores das últimas preguntas aparecen a continuación. Noraboa a todos e todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario