Aquí temos dúas "Miss Alegría": unha en papel e outra en carne e óso... |
Sofía Sanjurjo López contounos hoxe no recreo Miss Alegría, e este contos ten historia porque é un agasallo da profe Rosa, para comprender o que trouxera en lingua finesa. Iso si que é unha historia, eh?
Pois ao que íamos, despois de bastantes complicacións coa proxección, Sofía acabou contando o conto como tradicionalmente faciamos, e cando o ordenador acabou de facer o que tiña que facer, decidiu que xa podíamos gozar da proxección; así que a medio conto, tamén houbo imaxes proxectadas. Vivaaaa!
No control da imaxe, Elia; de presentadora do conto e organizadora do evento, Alejandra; e de contadora, Sofía. O resultado, excelente. Noraboa a estas mozas de 4º, que non sei que fariamos sen elas.
Por certo, este contacontos fixo o número 31 deste curso. Non está nada mal.
Por certo, este contacontos fixo o número 31 deste curso. Non está nada mal.
Un "Miss Alegría" de agasallo para colorear. |
1 comentario:
Seguriño que Sofía o fixo fenomenal, non si? Unha aperta e moi boa semana.
Publicar un comentario