lunes, 11 de mayo de 2015

FALANDO DE VERDEDADES

 Adoita andar pendurada
esa tal planta dos cartos
tamén a nós o diñeiro
nos ten colgados e fartos.

Ese poema, do libro VERDEDADES,  estivo unha semana debaixo destas dúas fermosas "plantas dos cartos" que temos no corredor do noso cole. Sen maior publicidade: plantas e carteliño.
Días máis tarde apareceu unha nova nota (en rosa na foto). Non pasaron cinco minutos ata obter a resposta, que foi rápida, contundente e acertada!
A nota dicía:
Xaime é o conserxe do noso colexio, aliado incondicional da biblioteca, e el foi a primeira estación. De aí, quen fose que lese a mensaxe, tería que pasar á segunda, onde diría o nome da autora do libro en cuestión. Logo de pasar as dúas probas, a primeira e única persoa obtería o "premio".
E quen o levou? Pois como vedes na imaxe, Lucas, que rematou a clase de Educación Física e vese que seguíu correndo ata conseguilo.
Moitas felicidades por algo moi importante: LER!