O pasado venres celebramos na Biblioteca o Día das Letras Galegas. Unha celebración modesta onde cantamos e repartimos premios. Agora vos contamos.
As semanas anteriores, a profe de música, Rosario, estivo practicando cos distintos grupos unha cantiga, xa tradicional, de Fuxan os Ventos: Sementeira. Pero tamén recordou o Himno galego, co que adoitamos pechar o acto de celebración. Ese día as profes Rosario e Rosana contaron coa colaboración de Yerai que se fixo cargo da percusión.
Esta é unha das ocasións en que Fuxan os Ventos xunto con outros artistas, puido emocionar, xa hai uns cantos anos, a todo ese público que corea Sementeira:
Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.
Un meniño rebuldeiro
que fale na lingua nai,
que suba aos pexegueiros
a froita verde a roubar.
Un vello que dé consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.
Un cantar de redención
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborear.
Logo, déixaime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.
Tamén repartimos premios aos nenos e nenas que participaron ao longo do mes de abril na elaboración de personaxes de contos clásicos.
Houbo un premio especial para Armando Hernández Gómez polo seu traballo de Poesía e Imaxe no Centro.
Houbo un premio especial para Armando Hernández Gómez polo seu traballo de Poesía e Imaxe no Centro.
Este é o fermosos poema en lingua éuscara, de Mikel Laboa
Ningún comentario:
Publicar un comentario