sábado, 21 de novembro de 2015

IGUAIS PERO DIFERENTES

O pasado día 13, o alumnado de 5º e 6º asistíu a unha interesante sesión impartida no Centro, que forma parte do Proxecto de Sensibilización sobre a Discapacidade nas Escolas de Ferrol, levado a cabo por persoal da asociación ASPANEPS. É un traballo moi completo que inclúe paneis explicativos, visionado de catro vídeos, orientacións e posta en práctica de diversas actividades que dirixen ao alumnado a concienciarse das dificultades ás que se enfrontan acotío as persoas con discapacidades. O seu paso polo centro queda reflicitido nestas imaxes. Creo que todos reflexionamos e aprendemos moito. Agora falta ver cantas cousas melloramos no futuro.

Ningún comentario: