viernes, 27 de noviembre de 2015

XOGOS POPULARES II

Máis XOGOS POPULARES NO PATIO
Hoxe adicamos gran parte da mañá a coñecer algúns e volver a practicar outros. Este verán, entre a profe Feli e Xaime, o noso multifuncións con maiúsculas, adicaron boa parte do seu tempo a preparar no patio do colexio uns xogos que tiñamos na mente dende había moito tempo. O resultado e este que vedes nas fotos.

A partir de aí, ao comezo deste curso, elaboramos unhas fichas explicando o material que se necesita e o modo de xogar, que plastificamos para ter con todo o material e explicarlles aos nenos e nenas.

 E así transcurriu o tempo...
Grazas a Feli, porque unha vez máis enriqueceu da forma máis xenerosa o noso cole, agasallándonos con esta última sorpresa. 
E grazas a Xaime, colaborador incansable con calquera proxecto que lle propoñamos.

No hay comentarios: