domingo, 20 de diciembre de 2015

NADAL 2015: O FESTIVAL

Coma cada Nadal, despedimos o curso cun festival aberto ás familias. Este ano tivemos uns invitados de honor, xa que contamos coa presenza de Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro. Se cadra algo teña que ver Guadi, a nosa profe de música deste ano, non si? ; )
Presentáronos o novo libro-disco de Uxía, con poemas de Manuel María musicados por Magín e Uxía. Un fermoso libro ilustrado por Leandro Lamas: "CANTA O CUCO". 
Todo un éxito porque , ademais da calidade destes artistas, na clase de música prepararon diversos temas para cantar no escenario con eles. O resultado foi precioso; unha entrañable experiencia que quedará gravada no recordo de todos e todas. Noraboa!!
Canta o cuco no blog-revista creado por Antón García-Fernández e dirixido por Antonio García Teijeiro.  

No hay comentarios: