O pasado 26, no recreo, Gaia, de 3º; e Elia e Alejandra, de 5º, contáronnos "O zapateiro máxico", un conto de Lupe Loriga, ilustrado por
Ana Martínez. Este é un conto dentro doutro conto que fala de como atopar a felicidade a través dos sentimentos, dos amigos. As cousas que nos arrodean, a miúdo son innecesarias, pero os amigos e a xente a quen queremos non.
Entre as tres souberon escoller unha historia cunha moi boa mensaxe.
Felicidades polo contacontos e grazas pola vosa colaboración!!
Recordo da sesión |
E estas son as fotos da sesión:
Ningún comentario:
Publicar un comentario