Coreografía de "Hai mulleres". (Há mulheres, de Rita Ribeiro) |
Como vos anunciabamos este luns, onte celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Ademais da exposición de libros que podedes ver nas fotos, a profe Guadi preparou con todos os nenos e nenas de Primaria dúas cantigas: Matriarcas, que xa aprenderamos o curso pasado e Hai mulleres, unha tradución da cantiga de Rita Ribeiro -Há Mulheres. -.
Nas clases limos libros interesantes; algúns descubriron biografías de mulleres marabillosas como a de Marie Curie ou Amelia Earhart, Coco Chanel, Audrey Hepburn, Violeta Parra ou Frida Kahlo. Falamos e visitamos a exposición. Iniciamos dúas novas coleccións: A colección Miranda, de Edelvives, e Pequeña & Grande, de Alba Editorial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario