martes, 26 de abril de 2016

ABRIL, MES DOS LIBROS


Como vén sendo habitual, o mes de ABRIL, e un mes de moita actividade. Estas semanas, como vedes nas imaxes, temos montada a exposición na entrada do centro de LECTURAS DE PASEO  e Libros con Historia, os nosos libros. Fixemos lecturas de libros clásicos nas aulas e, na última semana, os maiores de 4º, 5º e 6º leron ou contaron contos a Infantil e a 1º, 2º e 3º. Aínda que se barallaron moitos títulos, ao final decidímonos por: Riciños de ouro, O traxe novo do Emperador, A casiña de chocolate e A ratiña presumida.
Ademais de todo isto, o venres 22, fomos invitados, coma cada curso, ao IES de Catabois. Sempre imos encantados porque nos preparan unhas marabillosas actividades, e encántanos participar. Este ano Laura recibiunos na Biblioteca do IES e alí puidemos xogar, mentres faciamos o tempo para a primeira actividade, a atopar animais nas láminas de cadros que tiñan expostas. Despois subimos á aula de audiovisuais e alí tiñan preparado un obradoiro: MILICIA GRÁFICA, con Javier de la Rosa.
Despois deste obradoiro no que o pasamos xenial, xa veredes nas imaxes..., visitamos o Mercadillo Solidario de libros de Segunda man e mercamos un montón deles! Despois, un batido; despois, Xogos populares!! A que foi completo?
Dende aquí, coma cada ano agradecemos a invitación e que nos tratedes con tanto agarimo!
E coma unha imaxe vale máis ca mil palabras...

Ningún comentario: