xoves, 1 de decembro de 2016

VISITA Á EXPOSICIÓN "100 AÑOS ESCUELA OBRERA FERROL" e BARRIO DE CANIDO

Tiñamos pendente unha entrada moi interesante, e xa vai sendo hora de cumprir!!!

O pasado 21 de outubro, fixemos unha visita á sala Carlos III, en EXPONAV,  onde puidemos ver a Exposición "100 años Escuela Obrera Ferrol".
Libro da Exposición
Unha exposición que nos trasladou aos comezos do século XX. Guillermo Llorca Freire conta no segundo capítulo do libro que a escola foi inaugurada un 3 de maio de 1915 para os fillos dos obreiros da "Sociedad Española de Construcción Naval", contando cunha primeira matrícula de 120 alumnos.







A continuación demos un paseo ata chegar á parte alta da cidade, a Canido. Un barrio enxoiado coas obras de arte que durante estes últimos anos nacen nas paredes cada primeira fin de semana de setembro. Unha idea do artista ferrolán Eduardo Hermida.

No Cantón de Molíns
Un momento de descanso no Cantón
Coa escultura de José Canalejas, obra do escultor Miguel Couto

Diante da Concatedral de San Xiao
Á sombra dos cedros

Entrando no emblemático edificio da Pescadería, de Rodolfo Ucha




Subindo cara ao barrio de Canido pola rúa San Diego

Subindo cara ao barrio de Canido pola rúa San Diego

 E logo deste paseo, chegamos a Canido onde puidemos gozar das moi variadas versións das Meninas... Se tedes interese en ver máis imaxes, ao final da entrada atoparedes o enlace.








Ningún comentario: