Agasallo de Nerea e Aroa para Chispa! |
Agasallo dos nenos e nenas de Relixión Evanxélica para a Biblioteca! |
Chispa está moi contenta porque esta semana Aroa e Nerea levaron á Biblioteca dous fermosos agasallos: unha maqueta dunha cova e un libro da Prehistoria. Traballaron un montón coas súas mamás para colaborar coa exposición sobre a Prehistoria que fixeron nun recanto da aula de Infantil. Agora xa pertencen á nosa colección de LIBROS FEITOS A MAN E CON AGARIMO!
Pero aí non queda todo, os nenos e nenas de Relixión Evanxélica, xunto coa súa profe Cristina, traballaron ao longo do segundo trimestre os sentimentos e elaboraron o libro "El monstruo de colores", de Anna Llenas. E con este xa vai o segundo agasallo que lle fan a Chispa. O primeiro: "Por cuatro esquinitas de nada"!!
Hai que empezar a pensar seriamente en ampliar o noso espazo para os LIBROS FEITOS A MAN E CON AGARIMO! ; )
GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario