martes, 4 de abril de 2017

ABRIL, MES DOS LIBROS

EXPOSICIÓN DE LIBROS CON HISTORIA
Preside a entrada do noso colexio esta bonita exposición de LIBROS CON HISTORIA. Chamámolos así porque dentro deles están recollidos os traballos, ilustracións, desexos, pensamentos, contos, refráns, receitas, poemas, obras de teatro que representamos en datas sinaladas, fotografías debuxadas, biografías..., moitísimo material feito polos nenos e nenas do noso colexio ao longo dos últimos anos. 
Ao igual que estamos orgullosos do noso alumnado e gústanos velos medrar física e intelectualmente, estámolo da colección que se vai formando cos seus traballos...
EN ABIL, MIL LIBROS, OU LIBROS MIL!!! 
FELIZ MES ESPECIALMENTE LECTOR 
A TODOS E TODAS!
A LEEEEER!!!

No hay comentarios: