martes, 31 de outubro de 2017

MONSTROS NA ESCURIDADE: contacontos na Biblio!

https://photos.app.goo.gl/WUW5L5sJjXMGv6Kl2
Preme na imaxe para ver todas as fotos da sesión
Esta mañá Roi e Aitana sorprendéronos cun pavoroso conto: MONSTROS NA ESCURIDADE, de Áslaug Jónsdóttir.
Foi o seu primeiro contacontos e temos que felicitalos porque o fixeron de marabilla. Esperamos ver moi pronto aos seus compañeiros; despois deste éxito, seguro que se animan.
Roi, Aitana, moitas grazas por compartir con nós esta historia e PARABÉNS!!

Ningún comentario: